https://ponendolentes.es
Poñendo os lentes para a protección da Infancia
Proxecto de difusión da Campaña do Consello de Europa para a prevención da violencia sexual contra a infancia “Un de Cada Cinco” en centros de ensinanza
Poñendo os lentes para a protección da Infancia Inicio Novedades O noso equipo Contacto Seleccionar página POÑENDO OS LENTES PARA A PROTECCIÓN DA INFANCIA PROGRAMA DE DIFUSIÓN Campaña «Un de Cada Cinco» Poñendo os lentes trátase dun proxecto de difusión da Campaña do Consello de Europa para a prevención da violencia sexual contra a infancia “Un de Cada Cinco”en centros de ensinanza de Educación Infantil, Primaria e Especial de Galicia. ¿Cómo xurde a idea? As cifras falan por si mesas: diversos estudios europeos, así coma as estatísticas presentadas por UNICEF e pola OMS entre outras organizacións, estiman que 1 de cada 5 menores son vítimas de violencia sexual en Europa. Galicia non é unha excepción, e a asociación AMINO.Gal nace co obxectivo último de que esas cifras diminúan. Para iso queda un longo camiño por diante, no que sen dúbida un dos primeiros pasos consiste en traballar na PREVENCIÓN e DETECCIÓN. Polo que a idea de levar a campaña “Un de Cada Cinco” ao máximo número posible de centros de ensinanza galegos leva xestándose na asociación AMINO.Gal dende a súa conformación no ano 2014. Esta idea xurde da imperiosa necesidade de formar ás actuáis mestras e mestres que están en contacto a diario con decenas de nenas e nenos, co obxectivo de darlles as ferramentas necesarias para que sexan capaces de detectar e previr o abuso sexual infantil entre as súas alumnas e alumnos. De aí o lema da nosa asociación e o título deste proyecto: “poñer os lentes para a protección”, poder ver para protexer. E por fin… Comezamos!! En 2018 gracias á financiación da Xunta de Galicia e a colaboración das 3 Universidades galegas se materializa o arranque dun gran proxecto sen precedentes en España: levar a campaña 1 de cada 5 a tódolos centros centros educativos de Galicia. Formación de técnicos en educación afectivo-sexual 1 Dic 2023 | Novedades En novembro, a nosa colaboradora Alicia (psicóloga e sexóloga) ofreceunos un seminario moi interesante sobre dinámicas para traballar con nenos e nenas a educación afectivo-sexual. Lonxe da educación que solo pon o foco nas ETS o na prevención de embarazos non... Aproveitando as formacións presenciais 15 Mar 2023 | Novedades A pandemia nos amosou unha nova forma de estar en contacto e manternos actualizados a nivel formativo. Pero nós sempre preferiremos as formacións presenciais nos centros, xa que resulta mais doado compartir experiencias e dúbidas, así como fomentar o debate e... « Entradas más antiguas Formulario de contacto Nombre: Email: Teléfono: Consulta: Por favor, deja este campo vacío. He leído y acepto la política de privacidad. Your browser does not support JavaScript!. Please enable javascript in your browser in order to get form work properly. Información básica sobre protección de datos Responsable: AMINO.Gal. Finalidad: Responder a su consulta. Legitimación: Consentimiento del interesado. Destinatarios: AMINO.Gal. No se cederán datos a terceros, salvo obligación legal. Derechos: Acceso, Rectificación, Cancelación, Oposición, Olvido y Portabilidad de los datos. Información Adicional: Politica de Privacidad. info@ponendolentes.es Coordinación NORTE: 604 037 551 Coordinación SUR: 604 033 699 Aviso legal Política de cookies Política de privacidad ©2018 Poñendo os lentes | Desarrollado por PONTECERCA
es
es
1727150401
https://ponendolentes.es
ތިޔަ ސައިޓް އެޑިޓް ކުރަންވީތަ؟
ތިބާ ކީއްކުރަނީ؟